Daily Archives: 18/01/2021

Unha aproximación á xestión dos conflitos na escola infantil

A pasada semana tivo lugar un obradoiro de resolución de conflitos dirixido ao alumnado do ciclo superior de educación infantil do CIFP Politécnico de Lugo, no que se efectuou unha aproximación inicial aos conflitos, definición e características xerais,  ademais de identificar os elementos característicos na visión dos conflitos na etapa da educación infantil (0-3 anos).

Ao longo do obradoiro afondouse na identificación das posicións, intereses e necesidades dentro dun conflito, e traballouse dende un caso práctico que permitiu abordar moitas das cuestións analizadas no plano teórico.

O obradoiro foi impartido por Arelar, e desenvolveuse seguindo tódalas medidas hixénico sanitarias establecidas ante a situación de pandemia pola COVID-19 que estamos a vivir.