Monthly Archives: Outubro 2021

Presentación da campaña “Vas Picar? Mocidade libre de apostas”

Ven de presentarse esta mañá a campaña “Vas picar?.Mocidade libre de apostas” dirixida á prevención da adicción aos xogos de azar na mocidade e que promove a Concellaría de Mocidade do Concello de Santiago.

A campaña vai dirixida a sensibilizar en torno aos elementos qeu rodean a adiccion ao xogo de azar, e poñendo esepcialmente o foco nos mozos e mozas menores de idade, como obxectivo prioritario da campaña preventiva.

A campaña xira en torno a 3 eixos, a creación dunha mensaxe e unha estética que conecte coa mocidade Compostelá,  a taballo comunitario coa mocidade a través dos centro educativos (coa realización de obradoiros) e a adhesión á campaña de entidades sociais, culturais, educativas e deprotivas da cidade, e a divulgación da mensaxe dende as plataformas virtuais da campaña (www.eunonpico.gal e as suas redes sociais).

Ler máis…

EMPATIZA inicia o seu percorrido polos centros educativos de Vilagarcía

Nesta semana ven de iniciar o proxecto EMPATIZA promovido polo Concello de Vilagarcía e cofinanciado pola Deputación de Pontevedra, e que promove os valores de convivencia entre o alumnado ademais de coñecer ferramentas para a resolución pacífica de conflitos.

7 centros educativos da cidade participan neste proxecto que se vai a desenvolver ao longo destes meses coa intención de que os obradoiros que se realiza co alumnado de 5º de primaria teña continuidade máis alá da intervención na aula,  e se poidan crear naqueles centros que o desexen, a figura de axentes de convivencia, que permitan establecer mecanismos de non violencia e axuda entre o alumnado para a resolución de conflitos e a integración grupal.

Ler máis…

Obradoiros para a prevención da adicción ao xogo en menores

Hoxe veñen de comezar no IES Rosalía de Castro os obradoiros para a prevención da adicción ao xogo en menores, dirixidos a alumnado de 3º e 4º de ESO,  e que son unha das actuacións encadradas no marco dunha campaña para a prevención do xogo de apostas que impulsa o Concello de Santiago.

 

Estes obradoiros pretenden ser unha ferramenta de traballo, dirixida a abordar a problemática do xogo na adolescencia, incidindo especialmente nos factores de risco e de protección como mecanismos para establecer unha estratexia preventiva.

Asi mesmo, os obradoiros van dirixidos a crear mensaxes da propia campaña, de forma que o alumnado poida ter unha participacion activa na creación das mensaxes centrais da campaña.

Arelar desenvolve a coordinación técnica do proxecto.