All posts by ARELAR

Conxo nas ondas!!!

O pasado 9 de novembro deu inicio o obradoiro de radio no centro sociocultural de Conxo, para desenvolver un programa de radio con  perspectiva comunitaria, na que se aborden diferentes contidos dirixidos a coñecer o barrio dende unha óptica xuvenil e diferente.

Asi mesmo, o programa de radio resultante será un espazo para dar resposta a diversas inquedanzas da mocidade do barrio.  Nas primeiras sesións traballarase na elaboración da estructura de contidos e o guión do programa, para logo proceder a gravación do mesmo e crear o podcast definitivo.

Arelar desenvolve a coordinación técnica do proxecto

“+Q FÚTBOL”: A esencia da convivencia

Ven de rematar o proxecto “+Q Fútbol” que arelar desenvolve  na súa parte técnica e que é promovido polo concello de Santiago.

este proxecto pretende empregar o Fútbol e a súa linguaxe como instrumento para fomentar a convivencia positiva e os valores de tolerancia e respecto, no marco dun ocio saudable.

No proxecto participaron maís de 40 mozos e mozas

Proxecto +QF 2016

II Foro da mocidade de Teo: Un espazo para a participación social

Vense de celebrar a pasada fin de semana o II Foro da Mocidade de teo, e que serviu como espazo para o debate e a participación en torno a diversos temas de interese para a mocidade.

Neste Foro, analizáronse estratexias para a comunicación coa mocidade, determinando estratexias e ferramentas para a comunicación. Así mesmo, establecéronse novas propostas de actividades para este curso escolar así como novos formatos que debe de adoptar o Foro da Mocidade de Teo no seu proceso de evolución.

Arelar desenvolveu a dinamización deste Foro.