A resolución de conflitos dende a xestión de grupos diversos

Arelar ven de iniciar un curso de “Resolución de conflitos dende a xestión de grupos diversos” no CIFP COROSO de Ribeira que pretende formar ao profesorado do centro en destrezas e estrateixias para a xestión efectiva dos conflitos.

Ademais o curso terá un apartado dirixido a exploración de metodoloxías innovadoras que permitan mellorar os niveis de motivación do alumnado e atopar solucións diferentes para a xestión de conflitos Ler máis…

De visita no punto limpo

Esta semana,  o alumnado do CPI Antonio Orza Couto, visitou o Punto limpo do concello de Boqueixón, como parte do seu proxecto de Aprendizaxe-Servizo (ApS) dirixido á sensibilización da cidadanía, sobre a separación de residuos no fogar.

Na visita puideron comprobar os tipos de resiudos que máis se recollen e cales son aqueles que máis se botan en falta.  Ademais, ao longo da visita puideron obter información sobre como se produce o sistema de recollida de residuos no concello con cada tipoloxía de residuos.

Ler máis…