“Móvete”: Un proxecto para o empoderamento da acción voluntaria da infancia

O pasado 15 de abril, tivo lugar o acto de presentación das accións solidarias que tiveron lugar dentro do proxecto “Móvete” no que participaron alumnos e alumnas do CPI Virxe da Cela, CEIP A Lomba e CEIP das Fontiñas. As accións solidarias do alumnado abarcou ámbitos diversos como a revitalización do rural, a protección dos animais, e as necesidades básicas do noso entorno máis próximo.

Neste acto ademais,  realizáronse dinamizacion lúdicas, e o alumnado puido desfrutar do concerto de Paco Nogueiras, que é o interpréte da canción que da nome a este proxecto de educación en valores e solidaridade na educación primaria.

IMG_4623

O Foro da Mocidade de Teo: Un órgano para a participación activa da mocidade

O pasado sábado 9 de abril, tivo lugar o I Foro da Mocidade de Teo, no que os mozos e mozas participantes traballaron ao redor de 67 propostas de actividades a incluír na programación para o curso 2016/2017, establecendo 5 ámbitos de  traballo: Cultura / Deporte / Medioambiente e consumo responsable / Formacion e emprego / Outro

Ademais analizáronse 11 posibles criterios de ponderación das actividades, o que deu pé a un proceso de priorización para determinar as 5 actuacións que se incluirán na programación para o vindeiro curso.

 

Este Foro da Mocidade é froito das medidas incluidas no plan de acción do  estudo diagnóstico realizado por Arelar.

IMG_4557

 

“Palabras Creativas” en O Saviñao

 

Este venres deu comezo o obradoiro “palabras creativas” no marco do proxecto Ler Conta Moito, da Conselleria de Cultura e Educación Universitaria, e que ten lugar na biblioteca Municipal de O Saviñao, ao longo deste mes de abril.

Nesta ocasión o obradoiro permite indagar na aventura de seren escritores/as creativos/as dende o xogo coas palabras dun xeito ameno e divertido. Inventar novas palabras, desenvolver historias encadenadas ou xogar a caixa máxica das palabras son pasos previos fundamentais para ser escritores/as creativos/as.

Aqui tedes un enlace á presentación do obradorio dende a Biblioteca Municipal de O saviñao:

https://bpmsavinao.wordpress.com/2016/03/27/obradoiro-palabras-creativas/