O voluntariado: Un proxecto desexable para a mocidade do Colexio La Salle

Arelar, vai a coordinar a posta en marcha dun proxecto de dinamización do Plan de Acción Social do Colexio La Salle en Santiago de Compostela, na que o alumnado de bacharelato, a partir dun proceso formativo previo, desenvolverá unha serie de actuacións de voluntariado vencelladas a diversos proxectos solidarios en colaboración con diversas entidades sociais.

O proxecto pretende, estruturar a aprendizaxe dunha serie de competencias  e valores educativos ligadas ao desenvolvementos de accións de voluntariado con aquelas entidades coas que o centro educativo está a colaborar. O resultado final levará consigo un Plan de Accion Social do centro educativo diversificado e cun interesante impacto na contorna do centro.

 

 

2 de outubro: Día Mundial da Educación Social

Feliz día para todas e todos os profesionais da educación social, que co seu traballo e bo facer, tentan transformar realidades, e afrontar retos día a día, sempre ao carón das persoas, e das súas necesidades.

Esta efeméride resulta fundamental para visibilizar unha profesión, que na súa diversidade profesional atenden multitude de problemáticas socioeducativas, e que ten unha compoñente vivencial e vocacional moli forte que é de xustiza recoñecer e valorar no Día Mundial da Educación Social.

Feliz Día!

dai mundial da educacion social

arelar inicia un proxecto de participación social da mocidade do concello de Teo

Arelar, ven de iniciar un proxecto de participación social da mocidade do concello de Teo, no que se pretende indagar nas claves para a participacion activa da mocidade na vida municipal, tanto no ámbito deportivo, cultural ou social, e que nesta primeira fase, impulsa un estudo para a detección das necesidades e intereses da mocidade do concello, de cara a ampliar as canles e instrumentos de participación da mocidade no concello.

 

Este proxecto que ten como colectivo diana aos mozos e mozas comprendidas entre os 16 e os 25 anos, e está impulsado pola concellería de Benestar, Igualdade, Mocidade e Participación Veciñal.

Arelar desenvolve a coordinación técnica do mesmo.

 

participacion