Archives

Empatizas?

Esta semana deu comezo o programa Empatiza, promovido pola Concellaría de Benestar Social do Concello de Vilagarcía de Arousa, e que pretende promover no alumnado de 5º de educación primaria, estratexias para a resolución pacífica de conflitos.

O programa pretende que o alumnado identifique o que é un conflito, as estratexias de afrontamento e poder aprender as habilidades concretas que nos permiten resolver satisfactoriamente os conflitos.

O proxecto vai dirixido a tódolos centros de educación primaria de Vilagarcía, sendo o CEIP Rosalía de Castro o primeiro en participar no mesmo.

O programa consta de 2 sesións de traballo de 2 horas con cada grupo, e prevese a participación de 450 al. aproximadamente no programa.

Arelar desenvolve a coordinación técnica do programa.

 

O Obradoiro “Comparte e expresa” chega a ASPANAS

O pasado 14 e 15 de setembro celebrouse no centro ocupacional de Aspanas en Velle (Ourense) o obradoiro de mellora das habilidades comunicativas “Comparte e expresa” e que estivo dirixido a un grupo de 14 usuarios e usuarias do centro, para aprender a falar en público e mellorar as súas habilidades sociais e de comunicación.

O grupo estivo moi motivado e participativo de cara a a traballar os diferentes contidos do curso, cunha gran compoñente dinámica e práctica, que facilita a preparación de comunicacións en público, ben en centros educativos, encontros de autoxestorxs, eventos da entidade, etc….

Estes obradoiros son promovidos por FADEMGA  e levan desenvolvéndose ao longo destes meses por diferentes entidades de Galicia, e son impartidos por Arelar.

Aprendemos a mellorar a nosa comunicación

Hoxe ven de rematar o obradoiro de comunicación “Comparte e expresa” impulsado por FADEMGA e que se celebrou ao longo do dia 19 e 20 de xuño na sede da Asociación Chamorro (Narón). O curso foi dirixido ao grupo de 16 autoxestores da entidade, e tiña como obxectivo a mellora das destrezas e competencias comunicativas do grupo de cara ao proceso de falar en público, ben en actos da propia entidade, como para o seu desenvolvemento persoal e mellora comunicativa.

O grupo foi trementamente participativo e amosou un elevado nivel de implicación en todo o proceso, adicando gran parte do tempo a realizar exercicios prácticos destinados a descrición das actividades que fan na súa asociación e á preparacion dunha presentación sobre a reivindicación dos seus dereitos como cidadanía activa, poñendo especial fincapé naquelas cuestións que máis lle preocupan.

O curso foi impartido por Arelar, sendo o primeiro dunha serie de obradoiros que ao longo deste verán, se desenvolverán por diferentes entidades vencelladas a FADEMGA.