Monthly Archives: Setembro 2021

Mocidade implicada no medio ambiente

Este fin de semana tivo lugar un obradoiro de compostaxe  no marco do proxecto ECO-LÍDER, dirixido ao empoderamento xuvenil de Boqueixón no eido ambiental, e que impulsa a asociación cultural e xuvenil Muíños.

O proxecto desenvolve diversas liñas de accción. Unha delas ten que ver coa realización dunha campaña de sensibilizacion da cidadanía hacia a compostaxe doméstica.  O obradorio realizado esta fin de semana serviu para sentar as bases da campaña tras un traballo previo dirixido a resolver dúbídas e coñecer o proceso de compostaxe.

Arelar coordina as accións técnicas deste proxecto.

A educación emocional a través da radio

Dende o pasado 6 de setembro un grupo de mozos e mozas de Vilagarcía participou no obradoiro EMOTIRADIO. Dentro deste obradoiro a mocidade participante crea diferentes pezas en formato podcast baixo o nome “Vilagarcía sen prexuízos” que pretende ser un espazo radiofónico xuvenil onde a mocidade fai escoitar a súa voz e aborda diversos temas facendo especial fincapé na vertente emocional dos mesmos.

No obradoiro creáronse dúas pezas. A primeira delas consistíu nunha entrevista a fondo co actor Vilagarcián David Seijo e a segunda cun programa con contidos oidiversos pero sempre cunha clara perspectiva emocional,  abordando os impactos emocionais da pandemia, cunha seccion de relatos curtos onde as emocións xogan un papel esencial, ou coa creación dun emocionario.

En definitiva, a radio constituíu unha ferramenta de gran valor para que as mozas e mozos participantes puideran facer un percorrido emocional dende diferentes olladas.

O Emotiradio é unha actividade promovida polo Concello de Vilagarcía, coordinada por Arelar e Laboratorio de Radio e que forma parte dun programa de educación emocional para a adolescencia onde se desenvolven diversas actuacións.

 

                                                            A entrevista con David Seijo