A experiencia conta

A experiencia conta, é un proxecto promovido pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, que pretende por en valor aos nosos maiores dende a creación dun espazo interxeneracional, e empregando a radio coma canle comunicativa.

Dende a experiencia conta se desenvolverán 4 experiencias piloto, diversas no seu contexto e no seu contido, pero cun elemento en común: o potencial das experiencias interxeneracionais.

A partires desta realidade, o patrimonio inmaterial, a sustentabilidade, o uso das novas tecnoloxías, ou a convivencia interxeneracional poden ser elementos de gran interese no deseño dos diferentes programas de radio elaborados.

Finlamente tódalas experiencias confluirán nun radio-encontro no que poñer en valor o traballo realizado por tódolos participantes, e amosando que a experiencia conta

Arelar e laboratorio de radio coordinan a parte técnica deste proxecto.