Category Archives: CONVIVENCIA

A prevención das drogodependencias dende unha ollada diferente

Ven de comezar no IES Pontepedriña un traballo de prevención de drogodependencias co alumnado de FP Básica de Comercio que  a través da metodoloxía do Teatro Foro, crean unha peza teatral que posteriormente será representada a diferentes grupos de 4º de ESO do centro, e que permitirá abordar a problemática dende unha óptica diferente, obrigando ao alumnado a un traballo vivencial sobre as estratexias para afrontar situacións de presión de grupo, de afrontamento de conflitos entre iguais ao redor de consumos, a comunicación no seo familiar, etc…

O alumnado participante (18 en total) crea as situacións onde se desenvolve a peza, froito das súas percepcións e inquedanzas, de cara a abordar a prevención dende as dificultades dun personaxe central na súa relación problemática coas drogas.

Ler máis…

Obradoiros de prevención do acoso escolar no CIFP COROSO

Hoxe ven de iniciarse unha serie de obradoiros de prevención do acoso escolar nos diferentes grupos de FP Básica do CIFP COROSO en Ribeira, e que pretenden concienciar e sensibilizar sobre esta problemática, e analizar as diferentes actuacións que podemos adoptar para a protección da vítima, a abordaxe cxs acosadorxs, ou rpomover unha convivencia positiva e baseada no respecto.

Os obradoiros desenlvólvense cos 3 ciclos de FP Básica existentes no centro (Mantemento de embarcacións, Mantemento de vehículos e industrias alimentarias ). En concreto é o alumnado de 1º de cada ciclo o que participan destes obradoiros.

Ler máis…

Facendo fronte ao ciberbullying

Esta semana deu comezo o proxecto de “Prevención do ciberacoso e bo uso das Tic´s” promovido polo Concello de Vilagarcía e cofinanciado pola Deputación de Pontevedra, e que pretende establecer estratexias de sensibilización, prevención e detección do ciberacoso no seo da comunidade educativa.

O proxecto establece dúas liñas de traballo perfectamente diferenciadas. Por unha banda, establécese unha serie de accións formativas para nais e pais, dirixida a facilitar estratexias de detección de posibles situacións de ciberacoso, así ocomo para establecer pautas educativas para a prevención.

Por outra banda, o proxecto establece unha actuación innovadora para o traballo directo co alumnado, dirixida a preparar un teatro foro coa temática do ciberacoso, elaborado polo propio alumnado e que representará ao resto da comunidade educativa en varias sesións formativas.

Ler máis…