O voluntariado ambiental mecanismo para a participación social

dende o día 28 de maio e ate o 1 de xuño, estase a celebrar un curso de formación promovido pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, centrado no “Voluntariado ambiental” e que pretende formar a voluntariado e persoas vencelladas a entidades de acción voluntaria a hora de desenvolver proxectos e accións de voluntariado ambiental.

É por iso que o curso conta cun plantexamento eminentemente práctico, no que tralas 20 horas de formación, as persoas participantes elaborarán un proxecto de voluntariado ambiental no que teñan en conta as claves fundamentais para un proxecto de voluntariado ambiental de calidade.

O curso conta con diversos poñentes para ofrecer unha visión diversificada dos diferentes contidos: Miguel Pardellas, Paula Miranda, Manuel Allegue e Ramón Molina. Ao longo do curso establecerase 5 módulos que pretender dar as ferramentas necesarias para o deseño do proxecto final do curso.

Módulo I: Liñas principais do voluntariado ambiental
Módulo II: A dimensión da crise ambiental
Módulo III: A participación social: unha necesidade na sociedade actual
Módulo IV: sensibilización e educación ambiental
Módulo V: Boas prácticas e recursos para o voluntairado ambiental

O Curso é coordinado por Arelar, e forma parte do Plan de Formación do Voluntariado 2018 que promove a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. O curso desenvólvese no centro de Información e Coordinación Xuvenil en Santiago de Compostela.