Congreso Galego de Voluntariado: Construímos?

Ao longo do día de onte, tivo lugar o Cogreso Galego de Voluntariado, no CIS de Ferrol e no que se deron cita máis de 300 persoas, entre alumnado dos centros educativos e entidades de acción solidaria.

O Congreso permitiu coñecer sobre todo a vertente educativa de diversos proxectos de voluntariado, ademais de coñecer expereincias de sensiblización partindo do cine como ferramenta transformadora (Proxecto máis ca vida).

De inicio a conferencia de César García Rincón servíu para analizar dun xeito moi ameno as diversas ferramentas do voluntariado.

Ademais, o emprego de diversas metodoloxías creativas, foron de gran utilidade para o traballo de alumnado, profesorado e voluntarios e voluntarias ao longo da xornada (world café, teatro foro, audiovisuais solidarios, espazos de dinamización creativa, programa radiofónico…).

Ademais por iniciativa do alumnado participante, fíxose recollida de máis de 300 kg de legumes para facerlle entrega ao Banco de Alimentos de Ferrol, e que serviron para conmemorar o ano 2016 como ano Internacional das Legumes segundo a ONU.

Arelar desenvolveu a coordinacion técnica de contidos e a dinamización da xornada.

congrseo galego voluntariado

Interactuando no tempo libre 2016

Hoxe ben de rematar o Interactuando no tempo libre 2016. Unha experiencia de intercambio e de convivencia dos e das profesionais do eido do ocio e o tempo libre.  Arelar participou activamente no espazo de panel de experiencias compartindo as súas vivencias no proxecto de participación social da mocidade de Teo.

Ademais, establecéronse 4 grupos de traballo vencellados as seguintes campos:

-Formación no tempo libre.

-Traballar no tempo libre na Galicia do S. XXI

-A educación como acción social transformadora.

-Adquisición de competencias a través da aprendizaxe non formal.

Despois de tantos anos sen o Interactuando, é unha boa nova o rexurdir desta emblemática iniciativa para a mellora da profesión.

12798911_10208666704281690_6956371423575525052_n (1)

As habilidades sociais: Un marco para o desenvolvemento integral dos nosos fillos e fillas

Onte tivo lugar a primeira sesión do obradoiro de habilidades sociais dirixida a nais e pais da ANPA As Brañas do CEIP Ramón Cabanillas, e no que se traballou ao redor da aprendizaxe das habilidades sociais nos procesos educativos dos nosos fillos e fillas. Establecéronse habildiades sociais relevantes na vivencia de pais e nais, o que deu pe a cosntrución de casos para o traballo práctico en profundidade na vindeira sesión.

Na sesión tamén participou profesorado do centro, o cal enriqueceu enormemente o traballo do obradoiro ao permitir abordar a tarefa educativa no contexto escolar e ser compartida entre profesorado nais e pais.

O vindeiro martes 10 de maio remata o obradoiro impartido por arelar.

Aqui tedes un enlace da nova no blog da ANPA do centro.

Obradoiro de habilidades sociais para nais e pais