Presentación
O importante son as persoas
Arelar Xestión Socioeducativa é unha empresa galega dedicada ao desenvolvemento de servizos socioeducativos de alta calidade.
En Arelar, móvenos o desexo por dar resposta ás diferentes necesidades sociais que a sociedade actual proxecta ante diversas situacións e colectivos: infancia, mocidade, muller, inmigración, etc.
O valor dos nosos servizos reside no traballo personalizado cos clientes e coas persoas destinatarias dos diferentes proxectos socioeducativos.
Os nosos resultados veñen avalados por unha ampla experiencia no eido social, a profesionalidade e a capacidade de traballo en equipo, ademais de amosar unha aposta constante pola innovación educativa no desenvolvemento dos nosos servizos.
Arelar declárase «socialmente responsable» coas persoas da organización, co tempo, cos prazos e cos servizos que desenvolve.