Archives

“O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción” en Forcarei

O pasado 10 de outubro, o alumnado de 1º de ESO do IES Chano Piñeiro de Forcarei, puido desfrutar dunha visita guiada da exposición “O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción” na que o alumnado puido percorrer a exposición ao tempo que interactuar dun xeito ameno e divertido cos diferentes contidos da mesma, que tenta sensibilizar sobre o cambio climático, os impactos actuais, e que accións podemos adoptar a cidadanía para mitigar os seus efectos no planeta.

IMG_1339         IMG_1343

o alumnado puido interactuar de diferentes xeitos cos contidos da exposición

O compromiso do alumnado a prol do planeta deuse cita en Pontevedra

O pasado 19 de xuño tivo lugar en Pontevedra  a I Xuntanza dos xóvenes pola sostibilidade e a paisaxe,  promovida polo Instituto de Estudos do Territorio, e na que máis de 250 alumnos e alumnas de educacion primaria e secundaria onde puideron compartir experiencias e proxectos desenvolvidos ao longo do curso, ademais de realizar unha serie de seminarios temáticos onde se debateron diversos retos a abordar nos centros educativos para o traballo a prol da sostibilidade, dende diferentes ámbitos temáticos.

Ademais, neste Xuntanza, houbo representación de 5 delegacións doutras comunidades autónomas amosando os seus proxectos, e as súas experiencias nas Conferencias autonómicas que tiveron lugar en cada territorio.

Arelar participou no deseño didáctico desta xuntanza, e na súa organización.