Archives

O Día da educación social (hoxe e os 365 días do ano)

Hoxe 2 de outubro é o Día Mundial da Educación Social, e nun contexto de tanta incerteza e vulnerabilidade como o que estamos a vivir, faise máis necesario que nunca resaltar o esencial da educación social na nosa sociedade.

Esta efeméride permite poñer en valor a educación social como instrumento para afrontar as desigualdades sociais e identificar diversas problemáticas socioeducativas que requiren do apoio ou intervención das e dos profesionais da educación social.

A educación Social permite traballar a prol da inclusión, a igualdade, e a xustiza social, entre outros. Hoxe é o momento de visibilizar  as persoas, os proxectos e  aos colectivos e poñer en valor tódolos días do ano as súas achegas para construir un mundo mellor.

 

 

Agora máis ca nunca….o importante son as persoas

Estamos a pasar unha pandemia que está a mudar moitos aspectos da nosa vida cotiá, e que está sendo devastadora na nosa sociedade (persoas afectadas, falecementos, estrés do sistema sanitario, impactos económicos en todolos sectores sociais, ruptura dos hábitos sociais e de relación…).

Que a nosa sociedade saia airosa desta situación vai a depender de que cada quen faga a súa achega (administracións, empresas, tecido social, cidadanía…) para  facer fronte a un reto sanitario, económico e social sen precedentes, e no que a educación social tamén debe xogar o seu papel….

Por iso máis ca nunca……o importante son as persoas

O proxecto de teatro foro implica a máis de 800 escolares de Santiago

A semana pasada ven de presentarse o proxecto de Teatro foro para a educación en valores, e que nesta edición implica a 5 institutos da cidade ( IES Xelmirez I, IES Xelmirez II, IES Rosalía de Castro, IES Pontepedriña e IES Sar) e a máis de 800 alumnos e alumnas, sumando ao alumnado que prepara e interpreta cada unha das pezas que compoñen o proxecto, como do alumnado que participa nas propias sesións de teatro foro como “espect-actores”.

Ao longo deste curso prepararanse 9 pezas teatrais que abordan diversas temáticas de interese para o proceso educativo do alumnado dos centros educativos, e que presentan diversas realidades. Deste xeito, a transexualidade, o bullying, o racismo, a prevención das drogodependencias, a adicción ao xogo e o ciberbullying,  son algunhas destas temáticas.

Ler máis…