Últimos proxectos
Consulta a lista dos nosos traballos máis recentes.
Programa de prevención do acoso escolar. ANPA Caramecheiro
Programa dirixido ao alumnado de 1º de ESO e familias para promover unha convivencia positiva e previr o acoso escolar e o ciberacoso.
Obradoiro de resolución de conflitos. FADEMGA
Obradoiro dirixido a entidades que traballan no eido da diversidade funcional e que promove a formación na resolución de conflitos e aprendizaxe de competencias sociais.
Asesoramento formativo para a mellora das estratexias comunicativas dentro do programa «Aténdeme-enténdeme». FADEMGA
Programa dirixido a mellorar a estratexias de comunicación para a abordaxe da problemática da atención ás persoas con diversidade funcional nos centros médicos.
Elaboración da campaña para a prevención da adicción de menores aos xogos de azar. Concello de Santiago de Compostela
Deseño da imaxe e contidos educativos dunha campaña dixital e obradoiros educativos para a prevención da adicción ao xogo de apostas por parte da mocidade.
Asistencia técnica na dinamización do proxecto de Voluntariado Miúdo. Xunta de Galicia
Proxecto encamiñado ao asesoramento dos centros educativos de educación infantil e primaria no deseño e execución de proxectos de educación en valores, solidarios e de voluntariado.
Cursos de formación para o voluntariado na plataforma de formación en liña de Voluntariado Galego. Xunta de Galicia
Cursos destinados a formar ao voluntariado en diferentes campos formativos e metodoloxías para desenvolver programas de acción voluntaria.
Proxecto de teatro Foro para a educación en valores. Concello de Santiago de Compostela
Proxecto asentado nesta metodoloxía transformadora e creativa para abordar diversas problemáticas transversais de grande interese para os centros educativos de educación secundaria.
Desenvolvemento do Proxecto Empatiza para a resolución de conflitos. Concello de Vilagarcía
Proxecto de resolución de conflitos e aprendizaxe de habilidades socioemocionais en centros de educación primaria.
Proxecto de Teatro Comunitario con persoas maiores. Club de maiores de Boqueixón
Proxecto orientado a promover o empoderamento das persoas maiores a través do teatro dentro da súa propia comunidade.
Obradoiros de resolución de conflitos en centros educativos. IES Marco do Camballón
Obradoiros dirixidos a adquisición de competencias para a comprensión e resolución pacífica de conflitos para a mellora da convivencia nos centros escolares.
Obradoiros de educación emocional. IES As Insuas
Intervención dirixida a mellorar a capacidade do alumnado para a consciencia emocional e a regulación emocional e a poñer en práctica estratexias para unha mellor expresión emocional.
Obradoiros de prevención da adicción aos xogos de azar e as apostas. CPI de Vedra
Obradoiros dirixidos a identificar os factores de risco de cara a desenvolver unha adicción ao xogo e a potenciar os factores de protección que eviten unha relación problemática cos xogos de azar e as apostas.
Contacta connosco
De conformidade coas normativas de protección de datos, facilitámoslle a seguinte información do tratamento: Responsable: Arelar Xestión Socioeducativa. Fins do tratamento: manter unha relación comercial e enviar comunicacións de produtos ou servizos. Dereitos que lle asisten: acceso, rectificación, portabilidade, supresión, limitación e oposición. Máis información do tratamento na política de privacidade.