Esta semana ven de rematar o proxecto de dinamización comunitaria a través da radio no barrio de Conxo. Nesta experiencia participaron 7 mozos e mozas do barrio que empregaron a súa visión do barrio e das súas inquedanzas para deseñar os contidos e a estrutura deste programa piloto.
O resultado final, tanxibilizarase a través dun podcast que fai un percorrido por diferentes contidos de interese tanto dende unha perspectiva xuvenil coma comunitaria. Deste xeito, as obras no barrio de Conxo ao longo deste tempo, ou centro sociocultural coma referente do barrio, son algún dos referentes máis interesantes do guión elaborado.
Por outra banda, o descubrimento de novos deporte na cidade : o Jugger, indagar nos diferentes gustos musicais na xente nova do barrio, ou unha seccion de relatos completan o groso da proposta radiofónica.
Finalmente tamén existe espazo para as mensaxes de sensibilización social. Un exemplo disto é a cuña radiofónica elaborada para sensibilizar sobre a violencia de xénero.
Arelar desenvolveu a coordinacion técnica do proxecto, impulsado pola concellaría de Políticas sociais do Concello de Santiago.