Servizos

Traballamos no deseño, desenvolvemento e xestión de diferentes servizos socioeducativos.

Convivencia e desenvolvemento persoal

As relacións interpersoais son por definición complexas, e requiren dun tratamento específico dende unha perspectiva socioeducativa para a súa optimización. Por iso, resulta necesario o desenvolvemento dunha serie de competencias e destrezas nos individuos, que nos capaciten satisfactoriamente para afrontar o reto da convivencia dende a comprensión e o enriquecemento mutuo.

En Arelar entendemos que dende diferentes eidos sociais, xenéranse problemáticas socioeducativas moi diversas, e que requiren de propostas que promovan a súa resolución ou minimicen os efectos negativos. O eido escolar, a interculturalidade, o contexto familiar, etc, son escenarios que amosan situacións de certa complexidade que requiren de proxectos específicos para facilitar unha convivencia e relacións interpersoais satisfactorias, unha integración social ou a adquisición de destrezas e competencias persoais para o afrontamento destas situacións.

Deste xeito, deseñamos proxectos vencellados ás seguintes liñas de acción:

$

Resolución de conflictos.

$

Mediación escolar.

$

Intelixencia emocional.

$

Interculturalidade, convivencia e mediación.

$

Igualdade.

Arelar Xestión Socioeducativa en Galicia

Arelar, acción da cidadanía

Participación e acción voluntaria

A participación cidadá é un valor de gran transcendencia á hora de vertebrar a nosa sociedade hoxe en día. A participación garda na súa esencia un valor didáctico de gran calado social, xa que a mellora social e a resolución dalgunhas problemáticas sociais que afectan ás persoas e aos seus territorios, será posible en gran medida, se a cidadanía participa activamente nos diferentes procesos de resolución colectiva.

Unha das liñas de participación cidadá ten que ver co voluntariado e a súa capacidade para complementar propostas de acción vencelladas a diversos eidos (medioambiente, necesidades sociais da nosa contorna, proxectos interxeracionais, voluntariado educativo, etc).

Desde Arelar, promovemos proxectos socioeducativos onde a participación cidadá ou o voluntariado son concibidas como ferramentas de grande utilidade para o desenvolvemento dos colectivos e as comunidades e propiciar a súa mellora social.

O noso equipo técnico deseña proxectos que tentan dar resposta ás necesidades sociais de cada contexto e que poder dar pé ao desenvolvemento integral das persoas no seu entorno de referencia dende a participación.

Deste xeito, deseñamos proxectos vencellados ás seguintes liñas de acción:

$

Desenvolvemento de procesos de participación social (PPS).

$

Procesos de dinamización do tecido asociativo.

$

Proxectos de Aprendizaxe-Servizo (ApS).

$

Procesos de asesoramento para a implementación do voluntariado en entidades ou contornas sociais.

Arelar Xestión Socioeducativa, teatro social en Galicia

Teatro social

O teatro social é unha ferramenta dun enorme potencial para a intervención socioeducativa, que transcende a visión máis tradicional que concibe o teatro como ferramenta de expresión cultural.

Para Arelar, as linguaxes expresivas poden chegar a converterse nunha ferramenta que ofreza un amplo abano de posibilidades educativas, de animación e incluso terapéuticas se recoñecemos en cada persoa a potencialidade de chegar a ser un axente activo a partir do teatro.

Dende Arelar, empregamos o teatro como canle para a realización de diversos proxectos socioeducativos.  Dende a linguaxe expresiva, Arelar configura procesos educativos e de formación persoal, que facilitan un marco de transformación social.

O noso equipo técnico deseña proxectos adaptados ao contexto e nos que o teatro facilita o desenvolvemento integral das persoas e a capacidade para transformar problemáticas sociais percibidas e sentidas polos grupos e colectivos implicados.

Proxectos de teatro social.

$

Desenvolvemento de proxectos de teatro do oprimido e o uso das súas diferentes ferramentas (teatro foro, teatro imaxe…).

$

Teatro escolar para o desenvolvemento de habilidades persoais.

$

Teatro comunitario.

Adiccións

O colectivo infanto-xuvenil é especialmente sensible ás adiccións (con e sen substancia). Por iso, dende Arelar desenvolvemos diversos proxectos destinados ao traballo de prevención que permite tanto á mocidade como ás familias identificar factores de risco e factores de protección ante as adiccións e as tecnoadiccións que permitan desenvolver pautas saudables e seguras no seu proceso de crecemento e desenvolvemento integral.

Deste xeito, dende Arelar desenvolvemos proxectos vencellados ás seguintes liñas de acción:

$

Proxectos de prevención da adicción ás pantallas.

$

Proxectos de prevención da adicción aos xogos de azar e as apostas.

$

Proxectos de prevención das drogodependencias.

$

Proxectos de educación emocional e adiccións na adolescencia.

$

Proxectos de prevención das adiccións dende as familias.

Tecnoadiccións, Arelar

Adiccións

O colectivo infanto-xuvenil é especialmente sensible ás adiccións (con e sen substancia). Por iso, dende Arelar desenvolvemos diversos proxectos destinados ao traballo de prevención que permite tanto á mocidade como ás familias identificar factores de risco e factores de protección ante as adiccións e as tecnoadiccións que permitan desenvolver pautas saudables e seguras no seu proceso de crecemento e desenvolvemento integral.

Deste xeito, dende Arelar desenvolvemos proxectos vencellados ás seguintes liñas de acción:

$

Proxectos de prevención da adicción ás pantallas.

$

Proxectos de prevención de adicción aos xogos de azar e as apostas.

$

Proxectos de prevención das drogodependencias.

$

Proxectos de educación emocional e adiccións na adolescencia.

$

Proxectos de prevención das adiccións dende as familias.

Arelar Xestión Socioeducativa, foprmación social

Formación especializada no eido social

En Arelar, impulsamos unha formación de calidade, asentada nas necesidades reais dos e das profesionais do eido social. Desde esta premisa, a formación impúlsase dende unha visión construtivista, e que xera unha construción do coñecemento en base ao máis vivencial e práctico.

A formación especializada vai dirixida a entidades e profesionais do eido socioeducativo que teñan interese en mellorar e optimizar os seus recursos profesionais na abordaxe das diversas problemáticas sociais que xorden no quefacer diario.

A formación especializada en Arelar xira ao redor das seguintes áreas de contidos:

$

Resolución de conflictos.

$

Interculturalidade.

$

Xénero e igualdade.

$

Habilidades sociais e de comunicación nas relacións interpersoais.

$

Educación para a saúde.

$

Educación emocional.

$

Formación de voluntariado.

Resolución de conflitos.

$

Interculturalidade.

$

Xénero e igualdade.

$

Habilidades sociais e de comunicación nas relacións interpersoais.

$

Educación para a saúde.

$

Educación emocional.

$

Formación de voluntariado.

Precisas máis información?

Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.