Congreso Galego de Voluntariado: Construímos?

Ao longo do día de onte, tivo lugar o Cogreso Galego de Voluntariado, no CIS de Ferrol e no que se deron cita máis de 300 persoas, entre alumnado dos centros educativos e entidades de acción solidaria.

O Congreso permitiu coñecer sobre todo a vertente educativa de diversos proxectos de voluntariado, ademais de coñecer expereincias de sensiblización partindo do cine como ferramenta transformadora (Proxecto máis ca vida).

De inicio a conferencia de César García Rincón servíu para analizar dun xeito moi ameno as diversas ferramentas do voluntariado.

Ademais, o emprego de diversas metodoloxías creativas, foron de gran utilidade para o traballo de alumnado, profesorado e voluntarios e voluntarias ao longo da xornada (world café, teatro foro, audiovisuais solidarios, espazos de dinamización creativa, programa radiofónico…).

Ademais por iniciativa do alumnado participante, fíxose recollida de máis de 300 kg de legumes para facerlle entrega ao Banco de Alimentos de Ferrol, e que serviron para conmemorar o ano 2016 como ano Internacional das Legumes segundo a ONU.

Arelar desenvolveu a coordinacion técnica de contidos e a dinamización da xornada.

congrseo galego voluntariado