Arelar xestión socioeducativa
Comprometidos polo desenvolvemento de servizos socioeducativos de alta calidade en Galicia.
Sobre nós
Arelar Xestión Socioeducativa é unha empresa galega especializada na creación e desenvolvemento de servizos socioeducativos de alta calidade. O noso compromiso nace da vontade de dar resposta ás necesidades sociais que xorden en colectivos diversos como a infancia, a mocidade, as mulleres ou as persoas inmigrantes.
A nosa filosofía céntrase nas persoas. Apostamos por un trato próximo e personalizado, tanto cos clientes como cos destinatarios finais dos proxectos, garantindo así unha intervención adaptada e efectiva. Este enfoque humano e profesional é a base da nosa metodoloxía de traballo.
Contamos cun equipo con ampla experiencia no ámbito social, caracterizado pola súa profesionalidade, capacidade de colaboración e espírito innovador. En Arelar, asumimos a responsabilidade social como un valor fundamental, comprometéndonos coas persoas, cos tempos e coa calidade dos servizos que ofrecemos.
Os nosos servizos
Os nosos servizos
Queres coñecer os nosos últimos proxectos?
Contacta connosco
De conformidade coas normativas de protección de datos, facilitámoslle a seguinte información do tratamento: Responsable: Arelar Xestión Socioeducativa S.L. Fins do tratamento: manter unha relación comercial e enviar comunicacións de produtos ou servizos. Dereitos que lle asisten: acceso, rectificación, portabilidade, supresión, limitación e oposición. Máis información do tratamento na política de privacidade.