Arelar coordina unha proposta educativa para mozos e mozas do concello de Boqueixón, na que se creará unha “micromovie xuvenil”, dirixida a desenvolver competencias e destrezas a través da creación colaborativa dunha curtametraxe, vinculándoa ao elemento patrimonial do concello.
Deste xeito, o grupo de mozos e mozas participantes, vivenciarán o proceso creativo nas súas diferentes fases, desenvolvendo unha dinámica grupal que permitiralles desempeñar múltiples funcións (interpretativas, creativas, organizativas ou técnicas….), ao tempo que adquiren unha serie de competencias sociais, lingüísticas e dixitais, que son de moito interese para os mozos e mozas participantes.
O resultado final, será unha “micromovie xuvenil”, que poña en valor elementos senlleiros do patrimonio do concello dende a óptica dos mozos e mozas de Boqueixón.