A resolución de conflitos dende a xestión de grupos diversos

Arelar ven de iniciar un curso de “Resolución de conflitos dende a xestión de grupos diversos” no CIFP COROSO de Ribeira que pretende formar ao profesorado do centro en destrezas e estrateixias para a xestión efectiva dos conflitos.

Ademais o curso terá un apartado dirixido a exploración de metodoloxías innovadoras que permitan mellorar os niveis de motivación do alumnado e atopar solucións diferentes para a xestión de conflitos

Outro dos aspectos inovadores desta formación reside no desenvolvemento dun Plan de Mellora Persoal que vai a permitir ao profesorado, establecer estratexias concretas para solucionar situacións específicas que son do seu interese, acadar avances, podendo desenvolver un proceso de mellora e de interiorizción das habilidades e das destrezas necesarias para a xestión dos conflitos.

Este plan levará consigo un periodo de titorización para acompañar o proceso de aprendizaxe.