Category Archives: CONVIVENCIA

O acoso escolar a debate

Hoxe tivo lugar unha videoconferencia que arelar impartiu ao grupo de mulleres de FADEMGA-Inclusión Social Galicia sobre o acoso escolar, e que pretendiu favorecer a reflexión en torno a este problema, e identificar os mecanismos tanto de prevención como de detección e tratamento dun caso de acoso escolar de cara a minimizar os posibles danos e prexuízos sociais e emocionais que se derivan dunha situación de acoso escolar.

Así mesmo, tamén se analizaron as peculiaridades que ofrece o ciberbullying en relación ao acoso escolar e cales son os mecanismos de actuación para a prevención.

O vindeiro 17 de xuño terá lugar outra videoconferencia con outro grupo de mulleres de FADEMGA.

 

O grupo de autoxestores traballa nas estratexias para a resolución de conflitos

Esta semana ben de rematar o obradoiro de resolución de conflitos que se ten desenvolvido co grupo de autoxestores de FADEMGA Plena Inclusión Galicia, e que permitiu ao grupo traballar sobre a importancia do grupo para a creación dun clima relacional positivo, a análise de conflitos e a introdución nalgunhas ferramentas para a xestión positiva de conflitos.

O grupo traballou ao longo das diferentes sesións do obradoiro con moito interese e motivación achegando reflexións e propostas axustadas á súa realidade cotiá.

Finalmente plantexáronse estratexias específicas que poden axudar aos grupos a xestionar satisfactoriamente os diferentes conflitos que poden aparecer froito da convivencia e a interacción interpersoal.

arelar desenvolveu as sesións formativas na sede de FADEMGA.

Respecto e tolerancia claves para a resolución pacífica de conflitos

Dende onte Arelar iniciou no CEIP A Lomba un obradoiro de resolución de conflitos con alumnado de 3º de educación primaria, dirixido a fortalecer aqueles conceptos necesarios para o promoción dunha convivencia positiva dentro dun grupo, e que facilite a aprendizaxe das competencias necesarias no alumnado para a xestión dos conflitos dun xeito positivo, centrados na tolerancia e o respecto.

O obradoiro estruturado en 3 sesións permite o traballo sobre a realidade do alumnado recollendo as percepcións  que teñen sobre os conflitos, e a estratexias que empregan para a súa resolución.

Partindo desta base, o alumnado poderá analizar e traballar as diferentes habilidades que axudan a resolver conflitos que están presentes na súa realidade cotiá.

As sesións son presenciais gardando tódalas medidas hixiénico-sanitarias establecidas no protocolo do centro,