“A frustración de Nadia” é unha peza de teatro foro creada polo alumnado de 2º de ESO do CPI Ponte Carreira, e que aborda a problemática do ciberbullying. Ao longo do primeiro e segundo trimestre o alumnado preparou esta peza con 10 cadros-escena, nos que se aborda a realidade do ciberbullying nos xogos en liña, nas redes sociais, etc… prestando especial atención nos impactos emocionais que xeneran.
O resultado final é unha peza de 25 minutos de duración que amosa a realidade dunha alumna de 13 anos con pais que migraron do seu país e que sufre o rexeite e o desprezo dos acosadores, e ante a impasividade dun sector importante do alumnado.
A peza tamén tenta poñer o foco no alumnado observador de situacións de bullying e ciberbullying como mecanismo para a prevención e minimización dos danos na vítima.