EMPATIZA inicia o seu percorrido polos centros educativos de Vilagarcía

Nesta semana ven de iniciar o proxecto EMPATIZA promovido polo Concello de Vilagarcía e cofinanciado pola Deputación de Pontevedra, e que promove os valores de convivencia entre o alumnado ademais de coñecer ferramentas para a resolución pacífica de conflitos.

7 centros educativos da cidade participan neste proxecto que se vai a desenvolver ao longo destes meses coa intención de que os obradoiros que se realiza co alumnado de 5º de primaria teña continuidade máis alá da intervención na aula,  e se poidan crear naqueles centros que o desexen, a figura de axentes de convivencia, que permitan establecer mecanismos de non violencia e axuda entre o alumnado para a resolución de conflitos e a integración grupal.

Arelar desenvolve a parte técnica deste proxecto que se artella a partir dunha metodoloxía participativa e asentada en estratexias inspiradas no teatro foro, para procurar  ferramentas vivenciais que permitan ao alumnado abordar de forma práctica solución aos problemas cotiáns que os rodean.