Archives

O voluntariado interxeracional: Un espazo para o encontro e a aprendizaxe compartida

Hoxe dá comezo o curso de Voluntariado interxeracional, na plataforma de teleformación de Voluntariado Galego coa intención de achegar ao alumnado inscrito (238 alumnas e alumnos) as potencialidades do feito interxeracional,  dende unha perspectiva de xénero e a través de metodoloxías innovadoras que poden significar un elemento de axuda no desenvolvemento de proxectos de acción voluntaria.

deste xeito o curso consta de 5 módulos, nos que se establece un percorrido polo envellecemento activo, o feito interxeracional e características esenciais, a promoción da igualdade no contexto interxeracional, metodoloxías innovadoras e boas prácticas son os 5 eixos fundamentais.

Ler máis…

Os primeiros pasos no voluntariado

“Os primeiros pasos no voluntariado” é o nome do curso de formación en liña, para o voluntariado, promovido pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, que pretende aproximar as persoas interesadas no eido do voluntariado a unha vision panorámica do mesmo, incidindo en diversas áreas formativas dun xeito introductorio, e dende unha transversalidade de xénero, de forma que todo o traballo na acción voluntaria no curso leva asociadas ás “gafas moradas” do xénero, para dotar de sentido e intencionalidade a todo contido abordado.

De feito, o curso permite interconectar con varias das medidas incluídas dentro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero (Medida 19,24 e 32).

Ler máis…

O “Voluntariado Miúdo” enche a Cidade da Cultura

Máis de 215 alumnos e alumnas de educación primaria compartiron proxectos e experiencias no Museo do Gaiás.

Ao longo da xornada de onte 215 nenos e nenas e 25 mestrs e mestras participaron no Encontro do Voluntariado Míúdo, a través dos seus proxectos solidarios e de voluntariado, que 12 centros de toda Galicia desenvolveron ao longo do curso 2018-2019.

Este programa é promovido pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, e na súa benvida aos centros contou coa presenza de Fabiola García Conselleira de Política Social e da Directora Xeral de Xuventude, Participacion e Voluntariado, Cristina Pichel.

A xornada estruturouse en 3 espazos principais. O primeiro consistíu na presentación de experiencias, na que o CPR PP Somascos de A guarda e o CEIP Isidro Parga Pondal de Oleiros, compartiron as súas experiencias vencelladas ao maltrato animal, e a inclusión e a solidaridade.

Ler máis…