Archives

“Voluntariado Miúdo”: Un espazo para compartir experiencias solidarias

Ven de celebrarse o Encontro de alumnado de educación primaria participante no programa “Voluntariado Miúdo” e no que se xuntaron 170 alumnos e alumnas no Albergue Xuvenil da Marina Española (Bergondo) para compartir experiencias e proxectos solidarios que impulsan os diferentes centros nos seus contextos.

O Encontro permitíu dun xeito lúdico e dinámico compartir proxectos, actividades e intereses conectados aos proxectos de voluntariado que impulsa cada centro educativo, de forma que diferentes ámbitos de traballo foron compartidos ao longo da xornada. Deste xeito, a interculturalidade e os procesos migratorios, a diversidade funcional, o medioambiente ou as persoas maiores foron os eixos que definiron os diferentes proxectos compartidos.

O programa “Voluntariado Miúdo” é impulsado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, e de feito o alumnado tivo a oportunidade de compartir a xornada xunto a Conselleira de Política Social e Xuventude Fabiola García, que puido comprobar de primeira man as diferentes propostas presentadas polo alumnado como protagonistas dos seus proxectos.

Ler máis…

Formación en voluntariado

A Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado ven de presentar un Plan de Formación cunha oferta de 27 cursos formativos  on line e presencial para a mocidade e voluntariado  en torno a diversos temas de interese.

https://voluntariadogalego.org/novas/plan-de-formacion-da-direccion-xeral-de-xuventude-participacion-e-voluntariado-segundo

Arelar participa deste Plan formativo coa docencia de dous dos cursos formativos vencellados a acción voluntaria neste contexto de pandemia e o voluntariado educativo.

Visualizando o voluntariado interxeracional dende outra ollada

Dende o pasado 16 de decembro está tendo lugar en Ferrol un curso de “voluntariado interxeracional” que pretende poñer o foco na potencialidade de crear contextos interxeracionais na acción voluntaria, as sinerxias positivas que xenera, e o empoderamento mútuo que suscita a tódalas persoas que o protagonizan.

O curso ademais, aborda a realización do voluntariado interxeracional, dende unha perspectiva de xénero, que promova a igualdade, analice os roles de homes e mulleres na acción voluntaria, e dende a aplicación de metodoloxías inovadoras.

Ler máis…