O vindeiro 30 de setembro terá lugar o “Día da Mocidade Inqueda”, e que será o reflexo final do proxecto desenvolvido ao longo deste verán, no que diversos mozos e mozas da cidade tiveron parte activa na transmisión das súas inquedanzas a través de diversos formatos : teatro foro, radio, audiovisual, procesos participativos, e que ten como obxectivo principal que a mocidade lucense asuma o protagonismo naquelas cuestións que son do seu interese (actividades de ocio, problemáticas socioeducativas, comunicar a través de diversos medios, etc…).
O resultado final, é a organización deste “Día da Mocidade Inqueda”, no que mozos e mozas compartirán unha xornada de xeito lúdico e participativo, e que terá como culmen, a posibilidade de compartir un tempo con ARCE, rapeiro galego afincado en Madrid e que é un dos referentes xuvenís no eido musical. Con Arce a mocidade asisitente poderá conversar, coñecer a experiencia vital de ARCE, a cal ten moitos elementos de interese dende unha perspectiva educativa, e para finalizar, poder realizar un miniconcerto cos seus mellores temas.
Arelar desenvolve a coordinación técnica da xornada.