O pasado 30 de setembro tivo lugar na Casa da Xuventude o Día da Mocidade Inqueda, como culmen a un proxecto de empoderamento e participación xuvenil, desenvolvido ao longo deste verán e no que mozos e mozas lucenses desenvolveron as súas propostas e os seus proxectos dende unha perspectiva eminentemente creativa, e centrada nos intereses e motivacións da mocidade.
Deste xeito, a realización do programa de radio “deporte en liña”, a creación dun teatro foro denominado “ciberacoso”, ou a realización dun audiovisual sobre a práctica deportiva e concretamente o street workout, foron algúns dos elementos compartidos ao longo da xornada. A estes produtos creativos, engadíuselle un proceso participativo “Ti decides” para o deseño de propostas para a programación xuvenil do Concello de Lugo.
Un exemplo deste traballo é o programa de radio elaborado polos mozos e mozas: “Deporte en liña”
O peche a xornada estivo marcado, polo espazo compartido da mocidade con ARCE, un rapeiro de gran calado na mocidade.