EMOTIRADIO:A educación emocional como ferramenta esencial nesta nova realidade

O Proxecto “Emotiradio” ten como propósito esencial que a radio sexa un medio canalizador dun traballo emocional cos nenos e nenas de Arzúa, de xeito que as crianzas sexan as protagonistas do seu propio programa radiofónico, no que o traballo de produción de contidos ao redor das emocións será o eixo vertebrador.

As emocións abordaranse dende múltiples perspectivas: contos narrados, entrevistas, reportaxes, etc….

En definitiva, o proxecto creará como produto final un podcast radiofónico xerado no seo da comunidade polas súas propias crianzas e que permitirá visualizar a trascendencia da aprendizaxe emocional en múltiples situacións dentro desta nova realidade que nos toca vivir trala aparición da COVID-19.

O proxecto é promovido polo Concello de Arzúa e desenvolvido na parte técnica por Arelar e Laboratorio de Radio.

No desenvolvemento da actividade séguese un protocolo hixiénico-sanitario  que inclúe toma de temperatura, distancia física de 1´5m., uso de máscaras,  e emprego de xel hidroalcóholico entre outras medidas.