Archives

Facendo fronte ao ciberbullying

Esta semana deu comezo o proxecto de “Prevención do ciberacoso e bo uso das Tic´s” promovido polo Concello de Vilagarcía e cofinanciado pola Deputación de Pontevedra, e que pretende establecer estratexias de sensibilización, prevención e detección do ciberacoso no seo da comunidade educativa.

O proxecto establece dúas liñas de traballo perfectamente diferenciadas. Por unha banda, establécese unha serie de accións formativas para nais e pais, dirixida a facilitar estratexias de detección de posibles situacións de ciberacoso, así ocomo para establecer pautas educativas para a prevención.

Por outra banda, o proxecto establece unha actuación innovadora para o traballo directo co alumnado, dirixida a preparar un teatro foro coa temática do ciberacoso, elaborado polo propio alumnado e que representará ao resto da comunidade educativa en varias sesións formativas.

Ler máis…

O teatro do clube de maiores viaxa por Galicia

O Clube de Maiores de Boqueixón ven de iniciar unha xira por diferentes localidades galegas, na que es´tan a representar a peza teatral “Urxencias”, unha obra coral que trata en tono de comedia as peripecias dun servizo de urxencias dun hospital.

trala estrea no mes de abril e maio, agora esta experiencia de teatro comunitario proxéctase agora dende o prisma do intercambio con outros grupos afecionados de cara a crear dinámicas de posta en valor do teatro comunitario e de enriquecemento mútuo.

Ler máis…

Patrimonio, cine e diversión en Rodeiro

Ao longo deste verán arelar veu coordinando o desenvolvemento dun espazo lúdico e educativo para os nenos e nenas do Concello de Rodeiro, no que dun xeito ameno e divertido, puideron investigar e coñecer múltiples aspectos vencellados ao patrimonio local. Concretamente, estableceuse un xogo que permitiu descubrir múltiples aspectos patrimoniais, como son a Tulla de Fafián, os Castros e as mámoas existentes ao longo do concello.
O xogo incluiu visitas in situ a cada espazo ou achegas en 3D, segundo os casos.

Ademais ao longo do proxecto, realizouse unha curtametraxe titulada “o bufón e a pantasma”, creada e protagonizada polos nenos e nenas.

Ler máis…