Category Archives: Efeméride

2 de outubro: Día Mundial da Educación Social

Hoxe celébrase o Día Mundial da Educación Social poñendo especial énfase na dignidade das persoas.

Este efeméride permite poñer en valor a educación social como instrumento para afrontar as desigualdades sociais e identificar diversas problemáticas socioeducativas que requiren do apoio ou intervención das e dos profesionais da educación social.

Tal e como di o Manifesto no Día Mundial da Educación Social,  “tódolos seres humanos temos cabeza e corazón, o que nos converte en persoas únicas e iguais en dereitos”.

A educación Social permite traballar a prol da inclusión, a igualdade, e a xustiza social, entre outros. Hoxe é o momento de visibilizar  as persoas, os proxectos e  aos colectivos e poñer en valor tódolos días do ano as súas achegas para construir un mundo mellor.

Manifesto no Día Mundial da Educación Social

 

10 anos arelando

Fai 10 anos xurdiu unha arela, un desexo vehemente de dotar de sentido a un proxecto vital e profesional, de dar forma a un soño e unha inquedanza, de outorgar valor a un xeito de ver o mundo…..

É asi como naceu Arelar Xestión Socioeducativa….misturando emoción e  profesionalidade, dotando así de sentido aos diferentes servizos e proxectos que impulsamos.
Ler máis…

“Cada xesto conta”: Voluntariado en acción

 

O alumnado da Rede de Centros Escolares Solidarios (RCES) conmemorou o Día Internacional do Voluntariado cunha serie de accións coordinadas e dirixidas a poñer en valor a figura do voluntariado á hora de dar apoio entorno a aquelas necesidades que actualmente están presentes nas nosas sociedades.

Para iso, celebraron unha videoconferencia para compartir as experiencias que se ían a desenvolver ao longo da xornada. Todas elas vencelladas ao contacto cos nosos maiores, actuación consensuada meses atrás entre o alumnado dos diferentes centros. Deste xeito, cada centro deseñou actuacións especificas para traballar psicomotricidade, elaborar programas de radio cos maiores, realizar actividades de acompañamento, etc… Cada actividade co maior dos entusiasmos e cariño por aquelas persoas que o deron todo por nós.

Para rematar, o alumnado da RCES, decidiu realizar unha serie de “selfies solidarios” con mensaxes propias, transmitindo o valor da acción voluntaria, máis alá do día de hoxe.

Parabéns!

CVXp17xWEAEVsP-

Unha alumna nos momentos previos á videoconferencia