En Arelar, impulsamos unha formación de calidade, asentada nas necesidades reais dos profesionais do eido social. Desde esta premisa, a formación impúlsase dende unha visión construtivista, e que xenera unha construción do coñecemento en base ao máis vivencial e práctico.
A formación especializada vai dirixida a todos aqueles profesionais do eido socioeducativo interesados en mellorar e optimizar os seus recursos profesionais na abordaxe das diversas problemáticas sociais que xorden no quefacer diario.
A formación especializada en arelar xira ao redor das seguintes áreas de contidos:
- Resolución de conflitos
- Interculturalidade
- Xénero e igualdade
- Habilidades sociais e de comunicación nas relacións interpersoais
- Educación para a saúde
- A competencia emocional no eido profesional
- Formación de mediadores e mediadoras xuvenís