A educación ambiental é unha disciplina que busca despertar na poboación un grao de concienciación e actuación ante diversas problemáticas medioambientais, tanto dende o global, como o local. A educación ambiental incide nuha relación do ser humano co seu entorno baseada en criterios de sostenibilidade e que facilite as condicións para a procura de solucións a moitos dos problemas de carácter ambiental xerados pola conducta do ser humano.
Dende Arelar, promovemos proxectos de educación ambiental fomentando nas persoas destinatarias, actitudes e comportamentos proambientais dirixido a alcanzar un modelo de sociedade basado nos principios de sostenibilidade, dende un enfoque social, económico e ambiental, desenvolvendo unha ética ambiental que promova a protección do entorno dende unha perspectiva de equidade e solidaridade.
O equipo técnico de Arelar, deseñamos proxectos vencellados ás seguintes liñas de acción abarcando diferentes temáticas medioambientais (auga, enerxía, mobilidade, resíduos, consumo responsable….):
- Xogos e obradoiros medioambientais
- Desenvolvemento de procesos de participación ambiental (PPA)
- Deseño e execución de xogos didácticos
- Organización de encontros e eventos medioambientais
- Campamentos urbanos mediambientais