All posts by ARELAR

O proxecto de teatro foro implica a máis de 800 escolares de Santiago

A semana pasada ven de presentarse o rpoxecto de Teatro foro para a educación en valores, e que nesta edición implica a 5 institutos da cidade ( IES Xelmirez I, IES Xelmirez II, IES Rosalía de Castro, IES Pontepedriña e IES Sar) e a máis de 800 alumnos e alumnas, sumando ao alumnado que prepara e interpreta cada unha das pezas que compoñen o proxecto, como do alumnado que participa nas propias sesións de teatro foro como “espect-actores”.

Ao longo deste curso prepararanse 9 pezas teatrais que abordan diversas temáticas de interese para o proceso educativo do alumnado dos centros educativos, e que presentan diversas realidades. Deste xeito, a transexualidade, o bullying, o racismo, a prevención das drogodependencias, a adicción ao xogo e o ciberbullying,  son algunhas destas temáticas.

Ler máis…

Visualizando o voluntariado interxeracional dende outra ollada

Dende o pasado 16 de decembro está tendo lugar en Ferrol un curso de “voluntariado interxeracional” que pretende poñer o foco na potencialidade de crear contextos interxeracionais na acción voluntaria, as sinerxias positivas que xenera, e o empoderamento mútuo que suscita a tódalas persoas que o protagonizan.

O curso ademais, aborda a realización do voluntariado interxeracional, dende unha perspectiva de xénero, que promova a igualdade, analice os roles de homes e mulleres na acción voluntaria, e dende a aplicación de metodoloxías inovadoras.

Ler máis…

A obra “Urxencias” no ciclo de teatro de Boqueixón

O Clube de Maiores de Boqueixón representou onte a obra “Urxencias” no marco do Ciclo de Teatro de Outono de Boqueixón, no que máis de 120 persoas se deron cita para esta obra que en formato de parodia retrata unha sala de urxencias con personaxes do máis peculiar.

É a cuarta vez que o Clube de Maiores de Boqueixón representa esta peza en Boqueixón e sempre cunha resposta extraordinaria.

Na actualidade o Clube de Maiores xa está a traballar nunha nova peza teatral para estrear o vindeiro ano.

Arelar desenvolve a coordinación técnica deste proxecto teatral cunha clara vocación comunitaria.