A animación sociocultural engloba o conxunto de accións que teñen como finalidade actuar en diferentes ámbitos de desenvolvemento da persoa, co fin de promover a participación das persoas no seu propio desenvolvemento cultural e social, creando espazos para a comunicación social e interpersoal.
En arelar fomentamos proxectos que ofrezan ás persoas a posibilidade de converterse en axentes activos do seu propio desenvolvemento e do crecemento da súa comunidade. Para isto, traballamos con diferentes dinámicas de grupo que faciliten as interrelacións persoais e de intercambio con outras persoas.
A ASC convértese nunha metodoloxía que permite artellar diferentes propostas vencelladas ao tempo de ocio, fomentar dinámicas de participación social, xerar procesos de creación cultural na comunidade, etc..
O equipo técnico de arelar deseña proxectos na ASC co fin de dar resposta ás necesidades sociais das persoas no eido social, cultural e tempo de ocio.
Deste xeito, deseñamos proxectos vecellados ás seguintes liñas de acción:
- Deseño e organización de eventos comunitarios e culturais
- Campamentos urbanos
- Obradoiros creativos
- Xincanas e xogos de animación temáticos
- Participación social e produción cultural na comunidade