O alumnado do CIFP A Granxa traballa na resolución pacífica de conflitos

O alumnado de 1º e 2º de FP Basica do ciclo de agroxardinería están a participar nun proxecto formativo de resolución de conflitos ao longo deste segundo trimestre en 8 sesións de traballo para a aprendizaxe de estratexias de resolución de conflitos, e que sobre todo terán unha orientación na análise e traballo sobre conflitos cunha compoñente profesional, de forma que o alumnado poida desenvolver estratexias para o afrontamento positivo dos conflitos.

O proxecto ten unha clara orientación práctica, de forma que dende o estudo de casos, o role playing e as ferramentas do teatro foro o alumnado abordará  situacións prácticas moi concretas que poden acontecerlle no seu desempeño profesional no eido da agroxardinería.

O alumnado adicará un espazo ao traballo ao redor de competencias sociais e emocionais (escoita activa, empatía, ser positivo e recompensante, aprender a facer e a recibir críticas, etc….) para mellorar o seu afrontamento dos conflitos .

Arelar desenvolve a execución técnica deste proxecto coa finalidade de mellorar as competencias socioemocionais do alumnado, e deste xeito, mellorar a súa empregabilidade.