O Voluntariado Miúdo segue espallando solidariedade e valores

O programa “Voluntariado Miúdo: Móvete” para este curso 2021-2022 está formado por 8 centros educativos de diferentes lugares de Galicia que desenvovlen diversoso proxectos de acción voluntaria co alumnado de educación infantil e primaria, demostrando que o voluntariado ten cabida dende idades ben tempranas e nas que o alumnado adquire valores esenciais para a súa formación integral.

O Voluntariado Miúdo está impulsado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e está enmarcado dentro do Plan Proxecta da Conselleria de Educación.  Ao longo deste curso os centros desenvolven diversoso proxectos de acción voluntaria, obviamente condicionados polo protocolo establecido pola Conselleria debido a COVID-19, e que delimita o tipo de accións que dende os centros educativos se poden desenvolver, pero no que finalmente, a persar das dificultades os proxectos están cheos de carga educativa e impactos beneficiosos para afrontar dende o voluntariado, diversas necesidades que o alumnado e profesorado percibe na súa contorna.

Arelar é a entidade encargada da coordinación técnica dos proxectos impulsados no Voluntariado Miúdo ofrecendo asesoramento aos mesmos, e desenvolvendo unha serie de actuacións de apoio: obradoiros, contacontos e un encontro virtual dos centros participantes.

Neste momento estanse a desenvolver xuntanzas virtuais con tódolos centros para perfilar as diferentes actuacións do programa e asesorar aos centros no desenvolvemento dos seus proxectos.