A prevención das drogodependencias dende unha ollada diferente

Ven de comezar no IES Pontepedriña un traballo de prevención de drogodependencias co alumnado de FP Básica de Comercio que  a través da metodoloxía do Teatro Foro, crean unha peza teatral que posteriormente será representada a diferentes grupos de 4º de ESO do centro, e que permitirá abordar a problemática dende unha óptica diferente, obrigando ao alumnado a un traballo vivencial sobre as estratexias para afrontar situacións de presión de grupo, de afrontamento de conflitos entre iguais ao redor de consumos, a comunicación no seo familiar, etc…

O alumnado participante (18 en total) crea as situacións onde se desenvolve a peza, froito das súas percepcións e inquedanzas, de cara a abordar a prevención dende as dificultades dun personaxe central na súa relación problemática coas drogas.

Este proceso rematará coa representación da peza teatral an os seus compañeiros e compañeiras. Nesta edición a representación contará tamén cunha representación noutro centro da cidade, fomentando así, o intercambio de experiencias educativas e formativas que teñen ao alumnado como protagonistas, concretamente no IES de Sar.

Arelar desenvolve a coordinacion técnica do peroxecto que promove o Departamento de Mocidade do Concello de Santiago de Compostela.