Abordando o ciberbullying dende o Erasmus +

O alumnado do IES XELMIREZ I participará no marco do Erasmus +, nun encontro en Como (Italia) con alumnado doutros centros de Rumanía e Italia, par abordar a problemáticas do bullying e o ciberbullying tal e como veñen facendo en diversos encontros ao longo do pasado curso escolar.

Nesta ocasión o alumnado do IES Xelmirez I, está a preparar unha peza de teatro foro para representar diante dos seus compañeiros e compañeiras na que aborda a problemática do ciberbullying, no contexto dunha relación adolescente.

A semana pasada co inicio do curso, 12 alumnas e alumnos están a traballar na peza “Vaste a enterar!” e na que o alumnado asumirá so diferentes roles prcisos para a representación dunha peza de teatro foro,e que van moito máis alá da representación por parte de actores e actrices.

A peza prepararase en inglés, e como elemento máis inovador, será o propio alumnado quen desenvolve ademais a labor de curinga, papel que no argot do teatro foro significa desenvolver o rol facilitador que permite o dialogo entre acotres e actrices e espect-actores de cara a axudar a vítima de ciberbullying. Arelar desenvolve a coordinación técnica do proxecto co apoio do profesorado que acompaña ao alumnado a Italia dentro do Erasmus +.