As habilidades sociais para promover unha verdadeira igualdade

Hoxe tivo lugar no CIFP Ferrolterra un obradoiro de “Habilidades sociais en pé de igualdade” dirixido a alumnado do Ciclo Superior de Infantil e ao alumnado de FP Básica de carpintería e  moble e de electricidade e electrónica.

O obradoiro pretendeu establecer a conexión entre as habilidades sociais no desenvolvemento dunha convivencia en igualdade entre homes e mulleres, adaptándoo aos contextos profesionais e sociais de cada familia profesional do alumnado participante.

Os 3 grupos participantes nos obradoiros tiveron unha actitude moi participativa e proactiva nos debates e role playing efectuados no obradoiro, para traballar dende unha perspectiva práctica.