Menores e os xogos de apostas

Segundo diversos estudios, cada vez é maior a problemática de menores e xogos de apostas, aumentando progresivamente a porcentaxe de menores que teñen experiencias de xogo tanto presenciais como en liña, independentemente de que sexa unha práctica ilegal no caso dos e das menores de idade.

Arelar está a participar dun proxecto dirixido a crear unha campaña de sensibilización e prevención das adiccións ao xogo de apostas e de azar na mocidade, e que está sendo promovida polo Concello de Santiago.

O proxecto parte dunha fase creativa, que logo levará asociada actuacións especificas de sensibilización e participación comunitaria no marco da campaña ao longo deste ano.