Archives

O apalpador pasou por Rodeiro

O apalpador chegou a Rodeiro para encher de felicidade e música a entrada do novo ano

Onte pasou o apalpador por Rodeiro, e acompañado polo seu trovador Servando, viñeron dende os Ancares para compartir un momento cheo de ledicia e respecto pola natureza.

Como agasallo, o apalpador deu unha landra a cada neno e nena para que prantar un carballo e enriquecer asi os nosos montes desta querida árbore tan nosa.

Esta actividade estivo enmarcada dentro do campamento de Nadal que se desenvolve no Concello de Rodeiro e permite propiciar a conciliación laboral e familiar ao tempo que xerar un espazo de ocio e diversión con clara vocación educativa.

Ler máis….

Patrimonio, cine e diversión en Rodeiro

Ao longo deste verán arelar veu coordinando o desenvolvemento dun espazo lúdico e educativo para os nenos e nenas do Concello de Rodeiro, no que dun xeito ameno e divertido, puideron investigar e coñecer múltiples aspectos vencellados ao patrimonio local. Concretamente, estableceuse un xogo que permitiu descubrir múltiples aspectos patrimoniais, como son a Tulla de Fafián, os Castros e as mámoas existentes ao longo do concello.
O xogo incluiu visitas in situ a cada espazo ou achegas en 3D, segundo os casos.

Ademais ao longo do proxecto, realizouse unha curtametraxe titulada “o bufón e a pantasma”, creada e protagonizada polos nenos e nenas.

Ler máis…

Aberto por vacacións!!

Aberto por vacacións é o nome do proxecto de conciliación que desenvolve Arelar no Concello de Rodeiro ao longo deste Nadal.

Nel tódolos nenos e nenas que o desexen poden pasar as súas vacacións dende un proxecto educativo e lúdico que nesta ocasión versa sobre a viaxe dos Reis Magos a Rodeiro.

Deste xeito os nenos e nenas participantes, desenvolven toda unha serie de competencias (lingúisticas, artísticas, creativas e sociais)  ao tempo que pasan un tempo de lecer tremendamente gratificante.

O aberto por vacacións inclúe unha excursión ao Silleda Park.

O espazo de referencia do proxecto é o a biblioteca municipal, e rematará o vindeiro 5 de xaneiro coa chegada dos Reis Magos a Rodeiro