Archives

Mocidade implicada no medio ambiente

Este fin de semana tivo lugar un obradoiro de compostaxe  no marco do proxecto ECO-LÍDER, dirixido ao empoderamento xuvenil de Boqueixón no eido ambiental, e que impulsa a asociación cultural e xuvenil Muíños.

O proxecto desenvolve diversas liñas de accción. Unha delas ten que ver coa realización dunha campaña de sensibilizacion da cidadanía hacia a compostaxe doméstica.  O obradorio realizado esta fin de semana serviu para sentar as bases da campaña tras un traballo previo dirixido a resolver dúbídas e coñecer o proceso de compostaxe.

Arelar coordina as accións técnicas deste proxecto.

A transexualidade dende a óptica do teatro foro

Arelar leva dinamizando dende finais do ano pasado un proxecto de teatro foro, promovido polo Concello de Teo, dirixido a analizar, sensibilizar e procurar alternativas para afrontar as situacións de opresión que en ocasións, sofren aquelas persoas que se atopan nun corpo que non é o que lle corresponde. Toda esta “loita interior” leva consigo asociada a procura da comprensión por quen rodea á persoa transxénero: familia, amizades, alumnado do instituto, profesorado, etc….

A procura do apoio, a comprensión e poder exercer os nosos dereitos son os eixos sobre os que un grupo de 10 alumnos e alumnas do IES cacheiras levan traballando, para representar unha serie de sesións de teatro foro cos seus propios compañeiros e compañeiras, para abordar a realidade LGTB, dende a construción dunha peza teatral que tenta describir unha realidade  que precisa da nosa implicación e compromiso.

ler máis…

“As voces de Conxo” enchen de historia e participación comunitaria cada recuncho do barrio

Ao longo destas semanas o alumnado de 5º e 6º de educación primaria do CEIP Cardeal Quiroga Palacios traballa na creación dun programa radiofónico chamado “As voces de Conxo” que pretende achegarse aos elementos máis resaltables do barrio, outorgando voz propia á veciñanza, ao redor da historia do barrio, o seu patrimonio ou as institucións máis relevantes.

Seguindo esta liña de traballo o programa inclúe contidos vencellados ao propio centro educativo, a historia do barrio, o lavadoiro de Conxo, ou o Centro Sociocultural situado no barrio, entre outros contidos.

Ler máis…