Archives

O teatro comunitario brila en Boqueixón

Nesta fin de semana ven de estrear o Club de Maiores de Boqueixón a peza “Un morto moi vivo”, unha comedia que aborda as peripecias dun home avarento que simula a súa morte para emprender unha nova vida noutros lares.

A peza tivo unha exrtaordinaria acollida por parte da veciñanza de Boqueixón que arropou ao grupo de teatro ao longo de toda a obra, creando unha atmósfera moi acolledora.

Esta experiencia amosa o potencial do teatro comunitario, feito por veciños e veciñas para a súa comunidade, xerando un espectáculo cultural co que se identifica toda a comunidade.

Pero ademais, o teatro dende esta experiencia impulsada polo Club de Maiores de Boqueixón permite observar a potencialidade do teatro como actividade de envellecemento activo das persoas maiores, mantendo unha actividade extraordinaria a nivel psicoloxico, físico e emocional que reporta múltiples beneficios para as persoas maiores.

Ler máis…

O Voluntariado Miúdo segue espallando solidariedade e valores

O programa “Voluntariado Miúdo: Móvete” para este curso 2021-2022 está formado por 8 centros educativos de diferentes lugares de Galicia que desenvovlen diversoso proxectos de acción voluntaria co alumnado de educación infantil e primaria, demostrando que o voluntariado ten cabida dende idades ben tempranas e nas que o alumnado adquire valores esenciais para a súa formación integral.

O Voluntariado Miúdo está impulsado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e está enmarcado dentro do Plan Proxecta da Conselleria de Educación.  Ao longo deste curso os centros desenvolven diversoso proxectos de acción voluntaria, obviamente condicionados polo protocolo establecido pola Conselleria debido a COVID-19, e que delimita o tipo de accións que dende os centros educativos se poden desenvolver, pero no que finalmente, a persar das dificultades os proxectos están cheos de carga educativa e impactos beneficiosos para afrontar dende o voluntariado, diversas necesidades que o alumnado e profesorado percibe na súa contorna.

Ler máis…

Mocidade implicada no medio ambiente

Este fin de semana tivo lugar un obradoiro de compostaxe  no marco do proxecto ECO-LÍDER, dirixido ao empoderamento xuvenil de Boqueixón no eido ambiental, e que impulsa a asociación cultural e xuvenil Muíños.

O proxecto desenvolve diversas liñas de accción. Unha delas ten que ver coa realización dunha campaña de sensibilizacion da cidadanía hacia a compostaxe doméstica.  O obradorio realizado esta fin de semana serviu para sentar as bases da campaña tras un traballo previo dirixido a resolver dúbídas e coñecer o proceso de compostaxe.

Arelar coordina as accións técnicas deste proxecto.