Vas Picar? Mocidade libre de apostas

Esta mañá veu de presentarse os resultados da Campaña “Vas picar? Mocidade libre de apostas” dirixida á mocidade compostelá e que pretende previr a adicción aos xogos de apostas, a  través dunha campaña que pretendeu sensibilizar á mocidade dos riscos asociados ás apostas nos xogos de azar.

Para isto a campaña tivo 3 eixos principais: a campaña impulsada nas redes sociais con máis de 50 creatividades xeradas ao longo da campaña, os obradoiros nos centros educativos para impulsar un traballo educativo en torno a esta problemática (48 obradoiros e 1.112 alumnos e alumnas da cidade participaron nesta liña de traballo) e a implicación de diferentes entidades sociais da cidade adheríndose á mensaxe da campaña (28 entidades sobre todo educativas e deportivas participaron da iniciativa).

Se analizamos os datos xerados nas redes sociais podemos resaltar sobre todo o alcance da campaña no instagram con 23.223 persoas alcanzadas (mais de 7.500 mozos e mozas de 14 a 19 anos), e as 43.557 persoas alcanzadas no facebook da campaña.

Outro dos datos salientables reside en que 5 das creatividades xeradas na campaña foron creación de alumnado que participou dos obradoiros, e que xeraron 11.226 interaccións en instagram.

A campaña tivo uns resultados moi satisfactorios no plano educativo, poñendo de relevo unha problemática que cada vez preocupa máis á comunidade educativa e que tivo innumerables adhesións que pretenden ir aumentando á medida que a campaña acade un percorrido entre á mocidade e a comunidade educativa, co apoio das entidades sociais que participaron da campaña.

Este proxecto é impulsado pola Concellaría de Mocidade do Concello de Santiago e Arelar participa do traballo técnico asociada á mesma.

http://santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?lg=gal&id_nova=21415