Monthly Archives: Outubro 2019

O voluntariado interxeracional: Un espazo para o encontro e a aprendizaxe compartida

Hoxe dá comezo o curso de Voluntariado interxeracional, na plataforma de teleformación de Voluntariado Galego coa intención de achegar ao alumnado inscrito (238 alumnas e alumnos) as potencialidades do feito interxeracional,  dende unha perspectiva de xénero e a través de metodoloxías innovadoras que poden significar un elemento de axuda no desenvolvemento de proxectos de acción voluntaria.

deste xeito o curso consta de 5 módulos, nos que se establece un percorrido polo envellecemento activo, o feito interxeracional e características esenciais, a promoción da igualdade no contexto interxeracional, metodoloxías innovadoras e boas prácticas son os 5 eixos fundamentais.

Ler máis…

2 de outubro: Día Mundial da Educación Social

Hoxe celébrase o Día Mundial da Educación Social poñendo especial énfase na dignidade das persoas.

Este efeméride permite poñer en valor a educación social como instrumento para afrontar as desigualdades sociais e identificar diversas problemáticas socioeducativas que requiren do apoio ou intervención das e dos profesionais da educación social.

Tal e como di o Manifesto no Día Mundial da Educación Social,  “tódolos seres humanos temos cabeza e corazón, o que nos converte en persoas únicas e iguais en dereitos”.

A educación Social permite traballar a prol da inclusión, a igualdade, e a xustiza social, entre outros. Hoxe é o momento de visibilizar  as persoas, os proxectos e  aos colectivos e poñer en valor tódolos días do ano as súas achegas para construir un mundo mellor.

Manifesto no Día Mundial da Educación Social