A radio serve para rachar prexuízos en torno a enfermidade mental

No marco do proxecto de radio comunitaria de Conxo,  a Concellaría de Política Social do Concello de Santiago, promove a radio como instrumento para facer comunidade e dar voz a entidades, colectivos e persoas con gañas de contar algo, sempre dende unha perspectiva comunitaria.

Este é o caso do psiquiátrico de Conxo, que onte iniciou o seu proxecto de radio comunitaria na que está empezando a dar forma ao programa radiofónico titulado ” A movida de Conxo” e que permitirá ser un instrumento para facer fronte aos diferentes estereotipos e prexuizos que poidan existir na sociedade en torno a enfermidade mental.

O proxecto permite as persoas participantes mellorar a súa autoestima, ter unha canle onde plasmar as súas inquedanzas e intereses e desenvolver múltiples competencias para facer fronte ao estigma ao que se ven abocados froito do decoñecemento e o medo ao diferente.

Deste xeito, reportaxes, entrevistas, editoriais, seccións de sensibilización, humor, cultura, etc… formarán parte dos contidos deste programa, no que a “movida” simbolizará tanto as inquedanzas individuais, como os anhelos compartidos, e no que protagonizarán un programa radiofónico para o seu barrio.