Category Archives: MÓVETE

O “Voluntariado miúdo” en constante movemento

O alumnado de educación infantil e primaria de 12 centros de toda Galicia participan neste proxecto da Dirección Xeral e Xuventude, Participación e Voluntariado no marco do Plan Proxecta

O Voluntariado Miúdo “Móvete”, está a ser desenvolvido por 12 centros de toda Galicia para a promoción de competencias claves vencelladas á solidaridade e ao voluntariado, na que a participación activa do alumnado, a educación en valores, a relación co seu entorno, son eixos principais no desenvolvemento do proxecto.

Un total de 1324 alumnos e alumnas, 79 profesores e profesoras, e 12 centros das 4 provincias galegas, conforman o programa de Voluntariado Miúdo, no que cada centro desenvolve un proxecto para o desenvolvemento da acción voluntaria, a solidaridade e a educación en valores, dende accións que pretenden xerar un impacto no seu territorio.

Ler máis…

Proxecto de voluntariado miúdo “Móvete”: Xornada de fin de curso

O pasado 21 de xuño, tivo lugar a xornada lúdica do programa de voluntariado miúdo “Móvete” e que serviu para poñer colofón ao programa neste curso escolar. A xuntanza tivo lugar no Albergue Xuvenil de Gandarío, e reuniu a 110 alumnos e alumnas dos 3 centros participantes (CEIP A LOMBA, CEIP DAS FONTIÑAS E CPI VIRXE DA CELA).

Ao longo da xornada o alumnado defrutou dunha aventura solidaria, elaborou un gran mural e defrutou de xogos na praia, sempre dende unha perspectiva colaborativa e reforzando os valores solidarios presentes en todo o programa.

Ao longo da xornada contamos coa presenza da Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado Cecilia Vázquez,  que acompañou ao alumnado e profesorado para poñer fin á xornada, e facer entrega dos diplomas acreditativos .

Neste enlace pode ver algunhas das mellores imaxes da xornada

Proxecto “Móvete”: Un espazo para o “voluntariado miúdo”

Aqui tedes o enlace ao video explicativo do proxecto Móvete e do acto de presentación das accións solidarias que os 3 centros participantes (CEIP A LOMBA, CEIP AS FONTIÑAS E CPI VIRXE DA CELA) efectuaron na cidade da Cultura o pasado 15 de abril.

O video amosa perfectamente a esencia deste proxecto transformador e educativo  a prol da acción solidaria dende a educación primaria.