O “Voluntariado miúdo” en constante movemento

O alumnado de educación infantil e primaria de 12 centros de toda Galicia participan neste proxecto da Dirección Xeral e Xuventude, Participación e Voluntariado no marco do Plan Proxecta

O Voluntariado Miúdo “Móvete”, está a ser desenvolvido por 12 centros de toda Galicia para a promoción de competencias claves vencelladas á solidaridade e ao voluntariado, na que a participación activa do alumnado, a educación en valores, a relación co seu entorno, son eixos principais no desenvolvemento do proxecto.

Un total de 1324 alumnos e alumnas, 79 profesores e profesoras, e 12 centros das 4 provincias galegas, conforman o programa de Voluntariado Miúdo, no que cada centro desenvolve un proxecto para o desenvolvemento da acción voluntaria, a solidaridade e a educación en valores, dende accións que pretenden xerar un impacto no seu territorio.

Ademais o proxecto conta dentro da súa asistencia técnica cunha serie de visitas de asesoramento aos diferentes centros para a execucion de cada proxecto, así como o desenvolvemento dunha serie de actividades complementarias que sirvan de apoio aos proxectos de cada centro. Deste xeito, contacontos solidarios e os obradoiros “Móvete” forman parte desta oferta.

Por último o programa contempla realizar a final de curso unha posta en común do alumnado participante a través dun encontro que sirva para fortalecer a rede de alumnado do voluntariado miúdo, e xerar un espazo para compartir experiencias e aprendizaxes.

A coordinación técnica deste Programa da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, é executada por Arelar.